O perdido é o mais querido

Recordando a miña infancia e vivindo o meu presente o que máis levo dentro, e o que máis pracer me inspira, é ese pobo.
Se tivera que resumilo en cinco palabras a primeira sería perdido xa que a case ninguén un pouco lonxano desas terras lle soa de algo.
De seguido hai que nomear a choiva xa que exceptuando no verán é unha das poucas cousas que botas en falta ó mirar a través da xanela.
Tamén teño que mencionar os verdes prados, eses que tantas veces recorrín co ruxir dos freos da miña bicicleta, todo en calma ata a chegada da fin de semana onde xa o venres se pode oír o ruído enxordecedor das motos, as cales lle dan un pouco de rítmo xa que se sabe a chegada dos novos; e como non onde se xunta sempre a xente sexa despois dun funeral sexa despois da festa, nese bar chamado Rial, onde se gardan tantas emocións, tanto boas coma malas, o único sitio de reunión.
O chegar da noite, se polo día era silencio dun pobo totalmente normal xa que está pouco habitado, o único que che pode inquietar son os monótonos ladridos de can, eses que parecen os únicos donos da noite ata que pola mañá os poucos humanos invaden de novo e fanse co poder.
Sendo así as palabras perdido, choiva, verdes prados, as motos, o bar e os cans as que marcan o significado do meu pobo.

Raquel Caaveiro, 1º BAC

No hay comentarios: